Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

12/12/2025

O Ifcae, o Instituto de Investigación en Física, Computación e Ciencia Aeroespacial da Universidade de Vigo, remata o ano abrindo unha nova etapa baixo a dirección do catedrático Higinio González. Co seu nomeamento releva no cargo ao tamén catedrático Ángel Paredes, que ocupou o posto desde a posta en marcha no ano 2023 deste centro, que ten a súa sede no campus de Ourense.

Desde o seu nacemento, o instituto traballa coa visión de “contribuír á innovación en física aplicada e en diferentes aspectos do sector aeroespacial, potenciando as sinerxías entre ambos campos mediante a investigación de excelencia e unha eficiente transferencia de resultados de investigación de forma responsable, recoñecida, multidisciplinar, competitiva e comprometida para impulsar o desenvolvemento territorial social e empresarial da contorna”.

Neste marco de traballo, o seu novo director sinala que asume a dirección coa motivación principal de acadar que o Ifcae “actúe como instituto de investigación de referencia para a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense, en sinerxía co Instituto de Agroecoloxía e Alimentación e co Campus Auga, contribuíndo ao desenvolvemento científico e tecnolóxico da nosa contorna xeográfica”.

Ler a nova completa no DUVI.